miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O río Tinto en Huelva, a través da mirada da fotógrafa Begoña Sánchez nas mostra 'Visiones'

O río Tinto en Huelva, a través da mirada da fotógrafa Begoña Sánchez nas mostra 'Visiones'
Foto: Santi Alvite
O río Tinto en Huelva, a través da mirada da fotógrafa Begoña Sánchez nas mostra 'Visiones'

A mostra ‘Visiones’ está aberta ao público no Claustro Alto do Colexio de Fonseca ata o 27 de marzo

A fotógrafa  bilbaína Bego Sánchez reflicte mediante unha visión artística, a beleza do río Tinto en Huelva, plasmándoa en obras abstractas de aparencia pictórica que dende este martes 3 de marzo se exhibirán no Claustro Alto do Colexio de Fonseca. 

Un total de vinte fotografías impresas en lenzo de artista compoñen a mostra. “Influenciada pola miña experiencia ante un microscopio, mergúllome mentalmente nos elementos do río para tentar captar a súa riqueza visual a través de imaxes abstractas. A modo de lenzo de artista, o sensor da cámara imprégnase do que a natureza pinta con vibrantes cores, formas e texturas. As miñas obras mostran un universo fantástico, unha experiencia visual dun río único no mundo e considerado homólogo  xeomicrobiolóxico do planeta Marte”, comenta a autora. A colección está patrocinada polo Concello de Minas de  Riotinto en Huelva e trátase dun proxecto fotográfico itinerante. 

Sobre a autora

Bego Sánchez é fotógrafa  bilbaína, licenciada en Ciencias Biolóxicas, natural de Guinea Ecuatorial e afincada en Sevilla dende 2013. A súa formación en fotografía é autodidacta, estudando a luz a través dos pintores clásicos e os mestres da fotografía. Nos seus inicios centrouse en fotografar Paisaxe Natural e Urbana así como Natureza, influenciada pola súa formación académica. Co tempo foi experimentando noutras disciplinas como a  Street  Photography, Fotografía Social e reportaxe Agropecuaria e Industrial. Na actualidade é fotógrafa profesional na área de Fotografía Comercial e Social. Ostenta a distinción de Artista 2019 pola Federación Andaluza de Fotografía.

A exposición estará aberta ao público no Claustro Alto do Colexio de Fonseca do ata o 27 de marzo de 2020 en horario de 11.00 a 20.30 horas. 

Comentarios
Lo más