miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Xornada informativa este xoves para asesorar aos propietarios de vivendas de uso turístico

Xornada informativa este xoves para asesorar aos propietarios de vivendas de uso turístico
Xornada informativa este xoves para asesorar aos propietarios de vivendas de uso turístico

Tamén se darán detalles sobre a obrigatoriedade de incorporar o seu número de inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas (REAT) nas plataformas onde se oferten

O ciclo de xornadas informativas posto en marcha pola Xunta de Galicia para asesorar aos propietarios de vivendas de uso turístico sobre as novidades normativas que afectan desde este ano a este tipoloxía de aloxamento chega este xoves a Santiago de Compostela.

Será na sesión informativa que se celebrará ás 11,00 horas no Centro Superior de Hostelería de Galicia (CSHG), á que poderán asistir os propietarios de vivendas de uso turístico interesados, previa inscrición en turismo.areacoruna@xunta.gal.

Na reunión asesorarase aos propietarios con casos prácticos e resolveranse dúbidas sobre medidas que lles afectan directamente, como a obrigatoriedade de incorporar o seu número de inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas (REAT) nas plataformas nas que se oferten ou sobre o uso da ferramenta tecnolóxica posta en marcha pola Xunta para que poidan remitir trimestralmente os seus datos de ocupación.

Tras Santiago de Compostela, as sesións continuarán nas áreas de influencia das cinco delegacións territoriais. Despois das celebradas en Ourense, A Coruña e Lugo, nos próximos días tamén haberá reunións informativas en Ribadeo, Vigo e Pontevedra.  

Comentarios
Lo más