miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Sanidade habilita un número gratuíto sobre o coronavirus tras as protestas polo anterior que había que pagar

Sanidade habilita un número gratuíto sobre o coronavirus tras as protestas polo anterior que había que pagar
Sanidade habilita un número gratuíto sobre o coronavirus tras as protestas polo anterior que había que pagar

A Consellería de Sanidade pon a disposición da cidadanía o teléfono 900 400 116 desde este martes para dar información xeral sobre o coronavirus, en substitución do número anterior 902 400 116. Un novo número que chega logo das protestas de moitos usuarios que se queixaron que neste 902 se lle cobraba a chamada sendo, como era, información sanitaria esencial.

Así o informou a Consellería de Sanidade nun comunicado, no que explica que se trata dun número gratuíto no que se "poden resolver todas as dúbidas que os galegos teñan respecto deste coronavirus".

O departamento sanitario lembra que para as persoas con sintomatoloxía --febre, tose e sensación de falta de aire-- e que volvesen de zona de risco ou tivesen contacto con alguén que estivese nalgún deses lugares, "recoméndase non acudir directamente ao hospital ou centro de saúde, senón contactar telefonicamente co 061".

Deste xeito, Sanidade incide en que o novo teléfono 900 400 116 substitúe ao 902 400 116, que "era o número que ata agora tiña a Xunta para informar á poboación sobre o coronavirus" posto que, "ao dispor xa do mesmo previamente, puido porse en marcha de modo provisional", explicou a Consellería.

Ademais, Sanidade insiste nas recomendacións consensuadas entre as comunidades autónomas e o Ministerio de Sanidade e lembra que, en liñas xerais, se aconsella "adoptar as medidas de autoprotección e limitación da diseminación do virus común a calquera infección respiratoria, como a gripe".

Deste xeito, apunta que se debe "extremar a hixiene de mans, lavándoas frecuentemente", especialmente despois de toser ou soarse, e cubrirse o nariz e boca cun pano -preferiblemente desbotable- ao tuser ou estornudar, ou se non se dispón dun, na cara interna do cóbado.


Comentarios
Lo más