miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Galicia mantén activas case 200 desaparicións sen resolver, 59 delas de menores

Galicia mantén activas case 200 desaparicións sen resolver, 59 delas de menores
Galicia mantén activas case 200 desaparicións sen resolver, 59 delas de menores

Rexistra o o 3,6 por cento das denuncias por desaparición que permanecen activas en toda España, sendo a sexta autonomía con máis casos.

A 31 de decembro de 2019 continuaban activas en Galicia un total de 198 denuncias por desaparición de persoas, das que 59 corresponden a menores de idade, segundo os datos feitos públicos este luns polo Ministerio do Interior, segundo os cales as desaparicións sen resolver a nivel estatal son 5.529.

Con iso, segundo este informe, en Galicia están o 3,6 por cento das denuncias por desaparición que permanecen activas en toda España, o que a converte na sexta maior cifra por comunidades, despois de Andalucía (2.234), Comunidade Valenciana (488), Cataluña (459) e Canarias (405).

Por provincias, 76 destas denuncias activas están na Coruña, 52 en Pontevedra, 38 en Lugo e 32 en Ourense. Ademais, 59 corresponden a menores desaparecidos.

A nivel estatal, o número de denuncias por desaparicións caeu máis dun 11,5% en 2019 respecto das presentadas no ano anterior, ata situarse nun total de 26.356 denuncias rexistradas. No entanto, deste total presentado o ano pasado, só 2.451 permanecían activas a 31 de decembro.


Comentarios
Lo más