A Xunta de Goberno aproba a nova convocatoria de axudas para as festas patronais
06:30 03/03/20
06:30 03/03/20
A Xunta de Goberno Local aprobou, na súa sesión ordinaria deste luns, as bases da convocatoria de subvencións ás festas patronai
Tal como explicou o alcalde, destínanse 26.800 euros á convocatoria de subvencións ás festas patronais que se celebren entre o 1 de xaneiro ao 13 de outubro deste ano 2020. O importe máximo de subvención é de 800 euros.
Os gastos subvencionables son os efectuados en instalación de inchables, festa da escuma, xogos populares, corais, charangas e grupos de música, grupos de baile, karts e banda de música. O período de solicitude é o comprendido entre a data de publicación da convocatoria no BOP e o 15 de maio.