miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Este luns ábrese o prazo de inscrición nas listas de emprego temporal da Xunta

Este luns ábrese o prazo de inscrición nas listas de emprego temporal da Xunta
Este luns ábrese o prazo de inscrición nas listas de emprego temporal da Xunta

O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o vindeiro 30 de abril, segundo recolle a resolución da Dirección Xeral da Función Pública no Diario Oficial de Galicia (DOG) do venres.

A Xunta de Galicia abre hoxe o prazo de inscrición nas listas de emprego temporal da Administración galega. Calquera persoa que cumpra os requisitos de titulación poderá anotarse nas bolsas abertas para o nomeamento de funcionarios interinos e a contratación de persoal laboral temporal da Xunta de Galicia.

Estas listas son utilizadas pola Xunta para cubrir vacantes, facer substitucións e reforzar os servizos públicos. As persoas contratadas prestarán servizos en escolas infantís, centros de atención a menores ou persoas con discapacidade, residencias de maiores, centros para persoas con dependencia, nos servizos de gardacostas ou en institutos politécnicos.

O número de listas que estarán abertas para inscrición é de 32. Delas, 18 listas son para traballar como funcionario interino e outras 14 para traballar como contratado laboral. É importante subliñar que o feito de estar inscrito nas listas de emprego temporal da Xunta de Galicia para realizar substitucións temporais é unha forma de acadar méritos á hora de participar nun proceso selectivo e, polo tanto, incrementaas posibilidades de lograr un posto de traballo fixo na Administración.

No caso das listas que permanezan pechadas, as persoas interesadas que superaran algunha proba do último proceso selectivo ou prestaran servizos na Xunta para a lista correspondente a unha categoría, corpo, escala ou especialidade, poden presentar a solicitude de inclusión neste período.

Todas aquelas persoas interesadas en apuntarse nestas listas de emprego temporal poderán realizar a inscrición a través da web da Xunta de Galicia (www.xunta.gal), no apartado ‘Listas de Contratación’. As persoas que xa forman parte desta bolsa non é preciso que se anoten de novo.

O acceso ao emprego temporal na Xunta realízase a través do nomeamento de persoal funcionario interino ou de contratación temporal de persoal laboral. En ambos casos, as persoas seleccionadas proceden das listas elaboradas para este efecto. A orde na que figurarán as persoas inscritas dependerá dos méritos que reúnan, de acordo cun baremo que figura na convocatoria.

Entre as listas abertas están as de veterinarios, escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia, titulado/a superior médico/a, enfermeiro/a, fisioterapeuta, terapeuta ocupacional, educador/a ou xefe/a de cociña.

Actualización de méritos

Ao mesmo tempo, o DOG tamén publicou o venres a actualización provisional de méritos das persoas integrantes das listas de emprego da Administración galega. Desde mañá ábrese o prazo de dez días hábiles para que os interesados poidan presentar reclamacións e achegar a documentación xustificativa.

Tanto o estado -aberto ou pechado- para a incorporación de novas solicitudes no que se atope cada lista, como o procedemento a seguir para inscribirse nelas, así como as puntuacións das persoas integrantes das listas consecuencia da actualización de méritos, poden consultarse no portal web corporativo da Xunta de Galicia, http://funcionpublica.xunta.gal, no apartado de ‘Listas de contratación’.

CORPOS, ESCALAS E ESPECIALIDADES (PERSOAL FUNCIONARIO)


GRUPO CORPO/ ESCALA DENOMINACION
A1 2067 Escala de veterinarios
A1 2093-01 Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en lexislación marítima
A1 2093-02 Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en procesos de cultivo acuícola
A1 2093-03 Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en navegación marítima
A1 2093-04 Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en pesca marítima / bioloxía pesqueira.
A1 2093-05 Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en inglés marítimo
A1 2093-06 Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en medicina subacuática e hiperbárica
A1 2093-07 Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en intervencións subacuáticas e hiperbáricas
A1 2093-08 Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en comunicacións
A1 2093-09 Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en máquinas e instalacións mariñas
A1 2093-10 Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en procesos sanitarios
A1 2093-11 Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en formación e orientación laboral
A2 2094-01 Escala de mestres de taller de Institutos Politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en traballos técnicos de mergullo
A2 2094-02 Escala de mestres de taller de Institutos Politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en máquinas e produción
A2 2094-03 Escala de mestres de taller de Institutos Politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en servizos ao buque
C1 207C-02 Escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia.
C1 206R Escala operativa do Servizo de Gardacostas de Galicia. Especialidade Patrón.
C1 206S Escala operativa do Servizo de Gardacostas de Galicia. Especialidade Mecánico.

GRUPOS E CATEGORÍAS (PERSOAL LABORAL)
GRUPO CATEGORÍA DENOMINACIÓN
I 002 Titulado/a superior médico/a. Médico/a xeriatra. Médico/a CEI. Médico/a adxunto/a. Médico/a
II 002 ATS. Enfermeiro/a. Practicante. DUE
II 006 Educador/a. Profesor/a especial
II 011 Fisioterapeuta
II 020 Terapeuta ocupacional
III 004 Gobernante/a. Gobernante/a servizos domésticos. Encargado/a lavadoiro. Roupeiro. Ferro de pasar
III 006 Xefe/a de servizos técnicos. Encargado/a de mantemento. Conservador/a de edificios. Encargado/a oficios varios mantemento. Xefe/a de taller. Encargado/a de traballos. Especialista de oficios
III 014 Xefe/a de cociña
III 065 Oficial 1ª cociña. Oficial 1ª cociñeiro/a. Xefe/a cociña. Cociñeiro/a 1ª
III 069 Oficial/a servizos técnicos. Oficial 1ª mantemento. Oficial 1ª oficios varios. Oficial de primeira
III 078 Subgobernante/a
IV 003 Auxiliar sanitario. Auxiliar clínica. Auxiliar psiquiátrico/a. Auxiliar de enfermaría. Coidador/a xeriátrico. Coidador/a
IV 005 Oficial/a 2ª cociña. Cociñeiro/a oficial 2ª
IV 006 Axudante/a servizos técnicos. Oficial/a 2ª mantemento


Comentarios
Lo más