Arranca unha semana de chuvia en Compostela
En Compostela as temperaturas oscilarán entre os 8 e os 11 graos
O luns será unha xornada de moita inestabilidade atmosférica debido á presenza de aire frío nas capas altas da atmosfera. Así, os ceos estarán parcialmente cubertos, con chuvascos probables en calquera punto da Comunidade, ocasionalmente tormentosos e acompañados de sarabia.
A cota de neve estará arredor dos 1000 metros pola mañá descendendo a 800 metros á tarde. As temperaturas mínimas non terán cambios significativos, mentres que as máximas sufrirán un lixeiro descenso.
En Santiago prevense ceos moi anubrados, ocasionalmente con nubes e claros. Haberá precipitacións ao longo de todo o día. En canto ás temperaturas, serán normais para este período, con valores que en xeral ascenderán moderadamente a pesar de que oscilarán.