miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Rexistráronse máis dun millar de avisos para retirar niños de velutina en tan só un mes

Rexistráronse máis dun millar de avisos para retirar niños de velutina en tan só un mes
Rexistráronse máis dun millar de avisos para retirar niños de velutina en tan só un mes

A empresa pública de Servizos Agrarios Galegos (Seaga) atendeu máis de 1.000 avisos para retirar niños de avespa velutina no primeiro mes de funcionamento do novo operativo froito dun acordo entre a Xunta e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) asinado o pasado outubro. 

En concreto, desde a posta en marcha deste plan o pasado 20 de xaneiro e ata o mércores desta semana, día 26 de febreiro, o número total de avisos foi de 1.146: uns 29 avisos por xornada.  Segundo cifras da Xunta, dous terzos das comunicacións recibidas acumuláronas as provincias da Coruña (393) e Pontevedra (318). Así, en Ourense atendéronse 254 avisos e en Lugo os 181 restantes.

O equipo de Seaga conta con 80 profesionais, dos que 76 forman parte do equipo de intervención distribuídos no cinco centros de Santiago de Compostela, A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra. Os outros catro son empregados técnicos e administrativos que integran o grupo de coordinación.

Estes efectivos encárganse da eliminación e retirada de niños ao amparo do plan de vixilancia e control da Xunta en colaboración cos 277 concellos adheridos á iniciativa, o que supón nove de cada dez municipios da Comunidade. 
Comentarios
Lo más