Máis de mil profesionais abordan en Santiago os grandes retos da diversidade no sistema educativo
07:30 01/03/20
07:30 01/03/20
'Educa 2020' é un dos acontecementos educativos máis demandados e de maior asistencia. A el acoden profesionais de todo o Estado ou mesmo doutros países.
A actualización constante do traballo docente e os retos en materia de inclusión e diversidade na aula, son algúns dos temas e eixos centrais do III Congreso Mundial de Educación 'Educa 2020', no que se citan preto de 1.200 docentes, especialistas e orientadores desde este xoves e ata o sábado na capital galega.
O evento 'Educa 2020' representa un dos acontecementos en materia educativa máis demandados e de maior asistencia, con profesionais de todos os recunchos do Estado e procedentes doutros países como Estados Unidos, Italia, Portugal, Bolivia, Colombia, Ecuador, México, Perú ou República Dominicana.A cita celébrase no Palacio de Congresos compostelán e o programa inclúe 22 conferencias plenarias entre as que destaca a presenza do pensador italiano Francesco Tonucci, experto en educación e infancia, ou do investigador americano Thomas Amstrong, membro do equipo de traballo de Howard Gardner na teoría das intelixencias múltiples. Ademais, presentaranse máis de 120 traballos científicos e experiencias didácticas.
Entre os temas que se abordan atópanse cuestións como as intelixencias múltiples na aula, a neuroeducación, a educación inclusiva, a disciplina positiva, ou a xestión de conflitos.