miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Galicia perde 1.334 autónomos no comezo de ano

Galicia perde 1.334 autónomos no comezo de ano
Galicia perde 1.334 autónomos no comezo de ano

Galicia perdeu 1.334 autónomos no primeiro mes deste ano, nun comezo de 2020 que a Federación de Autónomos de Galicia cualifica de "dramático".

Avisa de que os sectores máis afectados son os do comercio e a hostalaría. Mentres en España a perda de emprego afecta a case 18.000 autónomos neste comezo de 2020.

Así, xaneiro finaliza con 207.471 autónomos en Galicia, a cifra máis baixa da serie histórica. Por provincias, A Coruña segue á cabeza (con 84.343); seguida de Pontevedra (66.369); Lugo (33.412) e Ourense (23.347).

Segundo sostén, a desaceleración do consumo "é a clave para estes datos tan negativos". "Estamos a asistir á desaparición do sector comercial, sen que nada pareza facer reaccionar aos responsables políticos e deixando secuelas irreversibles, fundamentalmente nas zonas menos poboadas", sinala.

Considera que "é urxente" reformar a lexislación do comercio interior que "tanto dano está a facer ao pequeno comercio". Ademais, carga contra a subida da carga fiscal a traballadores autónomos.

Comentarios
Lo más