miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Oito restaurantes de Padrón participan este ano nas VI Xornadas Gastronómicas da Lamprea

Oito restaurantes de Padrón participan este ano nas VI Xornadas Gastronómicas da Lamprea
Oito restaurantes de Padrón participan este ano nas VI Xornadas Gastronómicas da Lamprea

As Xornadas desenvolveranse dende o 13 ata o 22 de marzo, e para degustar os menús coa lamprea como protagonista debese facer unha reserva previa

As fins de semana do 13,14 e 15 e do 20,21 e 22 de marzo terán sabor a lamprea en Padrón, xa que durante estes días celebraranse as ‘VI Xornadas Gastronómicas da Lamprea’. Este ano un total de oito restaurantes ofrecerán un programa gastronómico coa lamprea como protagonista, e ademais dende a concellaría de Turismo programaron numerosas actividades de divulgación, lúdicas e culinarias.

Para degustar os menús elaborados por cada uno destes establecementos, haberá que reservar previamente, e o prezo será de 30 euros por persoa. Os locais participantes son Restaurante O Secreto, Restaurante Scala, Restaurante Chef Rivera, Casa Farrucán, Restaurante A Casa dos Martínez, O Alpendre, Os Carrisos e o Restaurante O Santiaguiño.

O programa tamén inclúe actividades para nenos e nenas. O venres 13 de marzo ás 17:00 horas haberá charlas sobre a lamprea na Biblioteca, aquelas familias que queiran inscribirse terán que facelo antes do 11 de marzo enviando un email a biblioteca@padron.gal ou no teléfono 981 810 761.

Baixo o título de ‘Conversas clandestinas...no convento de Herbón’, José Manuel García, do programa ‘Come e fala’ entrevistará en directo a un experto en lamprea. E posteriormente, persoal do convento realizarán unha visita guiada polas instalacións ata as pesqueiras –lugar no se que pesca a lamprea-. Esta actividade é gratuita, pero require inscrición previa na Oficina de Turismo, no teléfono 646 59 33 19 ou polo correo electrónico de turismo@padron.gal

O venres 20 de marzo, ás 20:00 horas celebrarse un concurso de empanadas de lamprea, a participación tamén é gratuíta, pero precisa inscrición previa na Oficina de Turismo antes do mércores 11 de marzo. O primeiro premio é de 300 euros, o segundo de 200 euros e o terceiro de 100 euros. O Concello de Padrón encargarase de proporcionar unha lamprea a cada participante para facer a empanada do concurso.

E para concluír a programación, o sábado 21 de marzo ás 17:00 horas desenvolverase un obradoiro de cociña para aprender a elaborar a tradicional empanada de lamprea, e outros pratos con este produto. Terá lugar no edificio de Servizos Sociais, e malia que é gratuíto, hai que inscribirse previamente na Oficina de Turismo, a través do email turismo@padron.gal ou no teléfono 646 59 33 19.

Para máis información, consulta a web: www.terrasdeiria.com/lampreapadron

Comentarios
Lo más