miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Aberto o prazo de admisión en centros escolares: T e G para o primeiro apelido e E e X para o segundo terán prioridade

As familias teñen entre o 1 e o 20 de marzo para solicitar plaza nos centros educativos

Desde o próximo domingo día 1 e ata o 20 de marzo permanecerá aberto o prazo de solicitude de admisión nos centros escolares para o vindeiro curso 2020/21, para todo o alumnado que entra por primeira vez no sistema educativo (maioritariamente en 4º curso de Educación Infantil), así como para aqueles alumnos de Educación Infantil, de Educación Primaria de ESO e de Bacharelato que desexan cambiar de centro escolar sempre que haxa prazas dispoñibles.

As solicitudes de admisión poderán presentarse a de xeito telemático a partir do domingo día 1, mentres que de xeito presencial nos centros escolares desde o luns día 2, prazo que permanecerá aberto ata o 20 de marzo. 

Tal como quedou establecido no sorteo público que tivo lugar hoxe mércores na Consellería, en caso de empate de puntos para unha mesma praza, as letras de prioridade establecidas neste sorteo foron “t” e “g”  para o primeiro apelido e “e” e “x” para o segundo. 

Comentarios
Lo más