Piden traballos de conservación en distintos bancos repartidos por toda a cidade
A concelleira do Grupo Municipal Popular, Ana Sabel, presentará, no vindeiro Pleno ordinario, deste mes un rogo no que solicita ao
Goberno de Sánchez Bugallo para que proceda á mellorar os distintos bancos situados en espazos públicos da cidade e que estableza unha planificación periódica para o seu mantemento e conservación que mellore a utilidade e o aspecto deste mobiliario ao longo do termo municipal
Os Populares veñen de recoller as queixas dos veciños que, desde hai tempo, levan observando unha destacada falta mantemento neste mobiliario urbano, que ademais soportan un baixo nivelde conservación.
A Popular indica que son moitos os espazos públicos, prazas, parques ou rúas, do ámbito urbano e tamén no rural, onde existen bancos colocados no seu día para o descanso das persoas, pero, neste momento, unha gran parte deles adoecen duns mínimos coidados, o que os converten en elementos de pouco uso, ofrecendo, iso si, unha imaxe de abandono e de descoido que vai en detrimento da estética e da calidade ambiental do Concello.
O concelleira Popular insiste en que só con facer un percorrido por estes espazos do termo municipal santiagués permite observar moitos bancos con falta de limpeza ou signos de deterioro, independentemente do material de que estean construídos como: excrementos de aves, pintadas, verdello pola proximidade de árbores, madeiras sen tratamento ou podrecidas, ausencia de traveseiros, entre outras deficiencias.
Unha longa listaxe -da que nas fotografías anexas se poden ver algúns exemplos- que demanda unha necesaria e urxente atención, ademais dunha periodicidade mínima nos traballos de conservación e mantemento, que lle proporcionen a este mobiliario a utilidade e o aspecto necesarios para o cumprimento da súa función.