miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Unha nova técnica do CHUS recoñecida como a mellor acción innovadora

Unha nova técnica do CHUS recoñecida como a mellor acción innovadora
Unha nova técnica do CHUS recoñecida como a mellor acción innovadora

P rofesionais da área sanitaria de Santiago de Compostela recibiron o premio á mellor Acción investigadora / innovadora na entrega dos IV Premios Redacción Médica á Sanidade de Galicia , nun acto presidido polo Presidente da Xunta de Galicia.

O hospital Clínico introduciu o pasado ano unha novidosa técnica de cirurxía radioguiada intraoperatoria para tumores pulmonares reducidos , da que xa se beneficiaron 8 doentes 5 mulleres e 3 homes) na que interveñen 3 servizos: Cirurxía Torácica, Medicina Nuclear e Radioloxía

Grazas a esta técnica foi posible a localización precisa e resección completa do tumor pulmonar en todos os casos. Non se produciron complicacións postoperatorias e ospacientes foron enviados de alta hospitalaria ao seu domicilio entre as 24 e 48 horas despois da intervención cirúrxica. O tamaño dos tumores resecados oscilou entre 5mm e 16 mm e o diagnóstico foi de malignidad e en 6 casos. Na actualidade todos os pacientes atópanse ben e sen secuelas derivadas do procedemento.

Na última década, o diagnóstico dos nódulos pulmonares foi incrementándose de forma notable debido á melloría na sensibilidade das técnicas de imaxe e ao seu uso rutineiro. Unha alta porcentaxe destes nódulos pulmonares poden ser malignos, polo que o seu diagnóstico precoz é fundamental.

A cirurxía radioguiada dos nódulos pulmonares (ROLL pulmonar) é un procedemento innovador para a detección de nódulos pulmonares de difícil palpación e abordaxe cirúrxica, e require unha completa sincronización e colaboración entre os servizos involucrados: Cirurxía Torácica, Medicina Nuclear e Radioloxía.

A técnica iníciase 24 horas antes da cirurxía, cunha inxección intrapulmonar, dirixida mediante un estudo tomográfico, dunha solución que contén macroagregados de albúmina marcados radiactivamente con tecnecio MAA 99Tc e un contraste iodado. Posteriormente realízase un control tomográfico e gammagráfico para previr calquera complicación que se poida presentar e comprobar que a inxección está no lugar adecuado.

Ao día seguinte realízase en quirófano unha vídeo toracoscopia, procedemento minimamente invasivo, cunha baixa morbilidad e e cun tempo de hospitalización moi curto. Durante a cirurxía procédese á localización cunha sonda de detección gamma ( Probe) da área de máxima intensidade de sinal numérico e acústica radioactiva e finalmente procédese á resección cirúrxica da lesión e posterior estudo en Anatomía Patolóxica.

Xa se beneficiaron os primeiros 8 doentes desta nova técnica empregada no Hospital Clínico polos doutores García Prim (xefe de servizo de Cirurxía Torácica), Miguel Garrido Pumar, do servizo de Medicina Nuclear, e Anxo Martínez de Alegría, do servizo de Radioloxía, que acudiron ao acto de entrega de premios xunto ao xefe do servizo de Medicina Nuclear, Alvaro Ruibal.

Comentarios
Lo más