miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O entroido de Rois trae case 2.000 euros en premios

O entroido de Rois trae case 2.000 euros en premios
O entroido de Rois trae case 2.000 euros en premios

Este sábado 22 de febreiro o Concello de Rois celebra o seu tradicional concurso de disfraces de Entroido, un certame no que se repartirán 1.850 euros en premios e que este ano inclúe como  gran novidade a categoría de comparsa/grupo infantil.

O sábado, ás 17.00 horas o desfile entroideiro partirá da casa consistorial para dirixirse ao polideportivo do Dices. Alí, o xurado valorará os disfraces, celebrarase a posterior merenda, a entrega de premios e un fin de festa animado co Dúo Calú.

O concurso de disfraces, organizado polo Concello de Rois en colaboración coas asociacións veciñais e coas agrupacións de Protección Civil de Rois e Padrón, repartirá este ano un total de 1.850 euros en premios.

As modalidades para participar no concurso son cinco: infantil individual ata 12 anos (con 30€ para o primeiro clasificado, 25€ para o segundo e 20 para terceiro, cuarto e quinto, se ben nesta modalidade o importe do premio poderá corresponderse cun agasallo); individual de 12 anos ou máis (con tres premios de 40€, 35€ e 30€); parella ou trío (que levarán 60€, 40€ ou 30€ segundo a posición); comparsa/grupo de 4 a 12 membros, que pode ser de adultos (cun primeiro premio de 300€ e un segundo de 150€) ou infantil (con 200€ para o primeiro premio e 100€ para o segundo); e, por último, comparsa/grupo de 13 ou máis membros (que obterán 400€ de clasificarse en primeiro lugar, 200€ se quedan segundos e 150€ se finalizan terceiros).

Entre as novidades desta edición atópase a ampliación da modalidade de parella, podendo presentarse en formato de trío; así como unha nova categoría, a de grupo infantil, e ademais será obrigatoria a inscrición previa do conxunto de participantes. Deste xeito, tanto os disfraces individuais como os grupos terán que anotarse ata as 14.00 horas deste venres 21 de febreiro nas oficinas do Concello de Rois.

O xurado estará composto por un mínimo de 5 e un máximo de 7 persoas. Aquelas persoas que participen da festa no polideportivo dos Dices poderán gozar dunha merenda a base de produtos típicos destas datas e da animación musical co Dúo Ciclón.


Comentarios
Lo más