miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Aberto o prazo para a renovación da concesión de uso das hortas municipais de Fontiñas-Cotaredo

Aberto o prazo para a renovación da concesión de uso das hortas municipais de Fontiñas-Cotaredo
Aberto o prazo para a renovación da concesión de uso das hortas municipais de Fontiñas-Cotaredo

A Xunta de Goberno Local aprobou esta semana a apertura dun prazo de dez días hábiles para a presentación das solicitudes de renovación da concesión de uso das hortas municipais de Fontiñas-Cotaredo dende o 19 de febreiro ao 4 de marzo de 2020 (ambos incluídos). 

As persoas que na actualidade teñen concedida a autorización de uso poderán solicitar a súa renovación, para o que deberán presentar a seguinte documentación:

- Impreso de solicitude debidamente cuberto, polo que se require a renovación da concesión de renovación.
- Fotocopia do DNI ou NIE

A documentación deberase presentar:
- No Rexistro Xeral do Concello (rúa Presidente Salvador Allende, 4 – baixo).
- No Rexistro Auxiliar do Centro Sociocultural do Ensanche (rúa Frei Rosendo Salvado, 14 -16 baixo).

- En calquera dos lugares indicados no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. 

Comentarios
Lo más