miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O PP pide a Raxoi que 'se poña as pilas' para implementar a plantilla da Policía Local

O PP pide a Raxoi que 'se poña as pilas' para implementar a plantilla da Policía Local
O PP pide a Raxoi que 'se poña as pilas' para implementar a plantilla da Policía Local

Para os Populares, este asunto supón unha importante preocupación, posto que supón un claro incumprimento da necesaria ratio policía/habitantes e, ademais, existe unha evidente carencia de propostas por parte do Goberno de Sánchez Bugallo para acadar unha solución

O vicevoceiro do Grupo Municipal Popular, Ramón Quiroga, ofreceu unha rolda de prensa na que anunciou que o seu Grupo presentará no vindeiro Pleno ordinario unha proposición na que se lle requirirá ao Goberno de Sánchez Bugallo que proceda a promover as xestións necesarias para que Santiago poida implementar a plantilla da Policía Local, co fin de que se cumpra coa Lei e coa ratio esixible de policías locais.

Quiroga explicou tamén é necesario que se inste ao Executivo central para que cree un taxa específica adicional por ampliación de servizos e con carácter excepcional, de xeito que se poidan cubrir todas as prazas ata chegar a ratio recomendada para a Policía e, no seu caso, aumentala para atender as necesidades previstas.

Durante a súa intervención, denunciou o déficit existente no Concello de Santiago na plantilla da Policía Local, con 53 efectivos menos do que indica a Lei. Para os Populares, este asunto supón unha importante preocupación, posto que significa un claro incumprimento da necesaria ratio policía/habitantes e, ademais, demostra unha evidente carencia de propostas por parte do Goberno de Sánchez Bugallo para acadar unha solución

A ratio policial recomendada policía local/habitantes, sen ter en conta as singularidades especiais das cidades, é de 1,8 por cada 1.000 habitantes, polo que a capital de Galicia debería contar con 175 efectivos.

Ante esta situación, Ramón Quiroga subliñou que o Grupo Popular presentará no vindeiro Pleno ordinario unha proposición na que se lle requirirá ao Goberno de Sánchez Bugallo que proceda a cumprir coa Lei e cumpra coa ratio esixible de policías locais, co fin de atender ás veciñas e veciños e, ademais, que inste ao Executivo central para que cree un taxa específica adicional por ampliación de servizos e con carácter excepcional, de xeito que se poidan cubrir todas as prazas ata chegar a ratio recomendada para a Policía e, no seu caso, aumentala para atender as necesidades previstas.

Quiroga destacou que esta falla de efectivos suporá un problema maior por mor dos acontecementos previstos de cara ao vindeiro ano, no que a capital de Galicia será o escenario de multitude de eventos e actos con motivo da celebración do Ano Santo 2021. Situación esta que atraerá a numerosos visitantes e turistas, polo que a plantilla da Policía local verase notablemente deficitaria.

Neste momento, a Policía local conta con 122 prazas cubertas, fronte as 175 necesarias. Esta situación no so é alarmante pola próxima celebración do Xacobeo, senón que afecta, sobre todo, á veciñanza.

As novas incorporacións

Na súa intervención, Ramón Quiroga explicou que, “se ben é certo que están previstas novas incorporacións, só chegaríamos a 158 policías no mellor dos casos e sendo moi optimistas”, pero este número de efectivos locais é claramente insuficiente, como o demostra o feito que no Xacobeo do ano 2010 tiñamos un 20 por cento máis e, por outro lado, tampouco se cobren os que serían necesario en circunstancias normais, sen ter no horizonte o Ano Santo.

o, estaríamos por debaixo dos efectivos necesarios.

Para o vicevoceiro Popular, “esta situación pódese agravar máis, pola entrada en vigor do Real Decreto 1449/2018 para a xubilación anticipada dos policías locais, que permite acceder a xubilación en determinadas situacións con 5 anos de anticipación”, engadiu.

Comentarios
Lo más