miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O XXII Concurso de Disfraces de Entroido de O Pino conta con máis de 1.700 euros en premios

O XXII Concurso de Disfraces de Entroido de O Pino conta con máis de 1.700 euros en premios
O XXII Concurso de Disfraces de Entroido de O Pino conta con máis de 1.700 euros en premios

Ademais, haberá agasallos para todos os menores de 12 anos sempre e cando vaian disfrazados, estean inscritos no concurso e desfilen no escenario.

Este domingo 23 de febreiro ás 17:00 horas o Concello de O Pino celebrará o XXII Concurso de Disfraces de Entroido. É unha actividade aberta a todo o mundo que queira participar, o único que fai falla é ir disfrazado e anotarse na Praza do Concello o mesmo domingo a partir das 16:30 horas. 

Os premios desta edición alcanzan máis de 1.7000 euros e repartiranse entre as seguintes categorías: infantil (150 e 100 € para os dous primeiros clasificados), máis orixinal (150 €), individual (150 €), parella (175 €), grupo (250 €), carroza (300 €) e comparsa (500 €).

Un xurado, composto por persoas alleas ao Concello de O Pino, designará ós gañadores. Os criterios de valoración para os disfraces individuais serán a orixinalidade do vestiario e a maquillaxe (que sexa un traballo feito a man e que empreguen materiais de refugallo), así como que involucren ao público. No caso das comparsas e grupos, o xurado valorará tamén o vestiario e maquillaxe, a orixinalidade, a organización do traballo en equipo e que involucren ao público. Hai que ter en conta que as comparsas deberán estar compostas por un mínimo de 10 persoas, representando un mesmo motivo; os grupos engloban de 3 a 9 persoas e as carrozas contarán cun mínimo de 4 representando algún motivo enriba dun móbil.

As bases do concurso pódense consultar na web do Concello de O Pino, onde tamén se pode descargar a ficha de inscrición. Os menores de idade deberán acompañar unha autorización asinada polo pai, nai ou titor.

Gañadores do concurso de carteis

Despois do desfile, entregaránselles os premios aos gañadores do concurso de carteis de Entroido que organizou o Concello entre o alumnado do municipio e que ilustran o cartel deste ano. Os gañadores foron a Aula de 5º de Educación Infantil B, Ayla Barneche Gómez (8 anos), Ana Fidalgo Suárez (4º de Primaria) e Xiana Noya HErmida (1º ESO). 

Comentarios
Lo más