miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O alcalde destaca o esforzo e o mérito dos premiados na IV Gala do Deporte de Santiago

O alcalde destaca o esforzo e o mérito dos premiados  na IV Gala do Deporte de Santiago
O alcalde destaca o esforzo e o mérito dos premiados na IV Gala do Deporte de Santiago

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, pechou a “IV Gala do Deporte de Santiago. Premios Santiago Deporte 2019”, celebrada no Auditorio de Galicia. No seu discurso, o rexedor destacou o esforzo e mérito dos deportistas e institucións premiadas.

Sánchez Bugallo sinalou que facer deporte, a nivel profesional, implica un método de vida baseado na esixencia, no esforzo e no talento. “E esa esixencia a nós mesmos, ese esforzo diario, axúdanos a acadar as metas que imos marcando na nosa vida, e a afrontar os desafíos diarios, tanto colectivos como individuais”.

Para o rexedor, o deporte tamén é unha ferramenta moi útil na educación. Afirmou que ademais de outros valores, “fomenta a autonomía persoal e a toma de decisións propias. Tamén mellora a autoconfianza e a comunicación. E ensina, e isto é moi importante, o respecto polo adversario e a importancia de esforzarse”, engadiu. A nivel social, continuou, o deporte “fomenta a solidariedade, o traballo en equipo, e a cooperación”. O rexedor rematou a súa intervención, felicitando a todos os galardoados, e tamén aos finalistas.

Premiados

A entrega de premios comezou despois dun video sobre o deporte en Santiago, un monólogo de Federico Pérez, e unha pequena entrevista á concelleira de Deportes, Esther Pedrosa.

No primeiro bloque distinguiuse a entidades e clubs. O premio ao patrocinio deportivo foi para o Grupo Arcade Inforhouse; o premio á actividade ou acción social para o Centro xuvenil Don Bosco; o premio á entidade educativa para o Colexio La Salle; e o premio á entidade deportiva, para o Club de ximnasia rítmica Viravolta.

A continuación entregouse o Premio mención especial ao futbolista Xosé Luis Fidalgo, falecido en novembro do ano pasado. Recolleuno o seu fillo. O alcalde destacou que o seu talento, e a súa figura, merecían ese recoñecemento.

Xa no bloque dous, entregáronse os premios ao adestrador e ao árbitro máis destacado. Recibíronos Francisco Javier “Chivi” García Rouco, e Jacobo Rial.

No bloque tres permiouse aos deportistas Cristy Shedimar Tojo Velasco, na modadlidade de deporte adaptado; quedando finalistas Jonhatan Barral e José Antonio Rey Pazos. O premio á mellor deportista feminina de base foi para Martina Flores. As finalistas foron Carlota Villaverde Agra e Nerea Liste Alfonsín. Na categoría masculina de deporte base, resultou galardoado Igor Arce Rodríguez, e finalistas Alejandro Harguindey Maneiro e Martín Casal de la Fuente.

O premio ao deportista masculino foi para Pepe Pozas, quedando finalistas Borja Iglesias e Alberto Mirás. E na categoría feminina, a galardoada foi Ruth Lorenzo, chegando á final Carmen Sumay Dios e Fátima Fernández Cano.

O Premio honorífico, entregado polo alcalde, recibiuno o atleta Pedro Nimo. 

Comentarios
Lo más