A 45ª Festa do Queixo de Arzúa ven cargada de actividades
A 45ª Festa do Queixo de Arzúa 2020 terá lugar do 28 de febreiro ao 1 de marzo.
Na primeira xornada, o sábado, haberá rock, electro-rock, pop-rock, fusión, funk, mestizaxe, hip-hop. Na segunda xornada, o domingo, haberá unha aposta polo carácter galego.
Rodeado dunha rica programación de actividades culturais, o festival pretende favorecer a afluencia de todo tipo de público, e constitúe xa un evento de referencia a nivel galego e estatal. A filosofía musical, baseada nunha programación extensa e variada -non limitada a un único perfil artístico- permítenos crecer cada edición e acoller cada ano a miles de persoas desexosas de degustar queixo e cultura a través dunha oferta musical aberta, gratuíta e de calidade
FESTIVAL DO QUEIXO DE ARZUA 2020
Sábado 29 de febreiro de 2020
- 21:30h. El Capitán Elefante.
- 22.30h. Tequila.
- 00:30h. Novedades Carminha.
- 02:00h. Ladilla Rusa.
Domingo 1 de marzo de 2020
- 12:30h. Mj Pérez.
- 18:00h. Luar na Lubre
- 19:30h. Baiuca.