Movilización contra as casas de apostas en Santiago
06:30 16/02/20
06:30 16/02/20
Terá lugar o mércoles na Alameda
A asemblea aberta Compostela Sen Apostas convoca unha manifestación para o mércores 19 de febreiro ás 20.30h no Parque da Alameda. A mobilización percorrerá as rúas do centro da cidade e rematará na Praza Roxa coa lectura dun manifesto. Con esta iniciativa esíxese o peche das casas de apostas na cidade e a abolición do xogo.
Ante o incremento de xogadores cada vez máis novos e a publicidade agresiva á que se somete ao público, diversas agrupacións de toda Galicia concéntranse estas semanas para reclamar o peche total dos salóns de xogo, accións preventivas e de sensibilización sobre a ludomanía e a promoción de modelos de ocio saudables para a mocidade, entre outras reivindicacións.