miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Os deputados poderán adquirir por 220,12 euros os portátiles que usaron esta lexislatura

Os deputados poderán adquirir por 220,12 euros os portátiles que usaron esta lexislatura
Os deputados poderán adquirir por 220,12 euros os portátiles que usaron esta lexislatura

A Mesa da Deputación Permanente —órgano que substitúe o pleno en períodos non hábiles— acordou este venres iniciar o procedemento de contratación de adquisición de material informático para a Cámara galega, que inclúe nun único lote os computadores destinados ao persoal do Parlamento en situación de teletraballo e os deputados da próxima lexislatura.

Ademais, os parlamentarios que deixan de selo poden adquirir por 220,12 euros os portátiles que utilizaron durante este mandato. Este prezo é o valor residual marcado a xaneiro de 2020 por parte dos servizos técnicos do Parlamento, tomando como base o prezo de adquisición inicial 960,53 euros e o tempo durante o que os equipos contan con servizo de soporte e mantemento ante avarías.

O Parlamento informou que a licitación nun único lote dos computadores para a próxima lexislatura e para teletraballo busca "reducir o importe da adxudicación, sen limitar a concorrencia". É dicir, ao tratarse dun lote maior, espéranse mellores ofertas económicas por parte das empresas. Non se renovan as impresoras, xa que se seguirán utilizando as de lexislatura que remata.

Ademais, explica que a necesidade de dispor con "urxencia" equipos de substitución para o persoal con teletraballo e para os deputados da XI Lexislatura.

Engade, así mesmo, que o servizo de tecnoloxías da Cámara advertiu de que os equipos que utiliza o persoal con teletraballo están "obsoletos" debido á súa antigüidade e que os que utilizaron os deputados na X Lexislatura (a que agora termina) quedarán tamén obsoletos este mesmo ano "ao perder a garantía e o servizo de soporte ante avarías".

Neste sentido, din que unha vez que os equipos carecen de mantemento por parte do fabricante "xorden problemas de seguridade e privacidade". No caso de aparecer vulnerabilidades críticas, "non existirían correccións" para elas.

O Parlamento lembra a súa "obriga" de dispor equipamento actualizado cos últimos parches de seguridade que eviten vulnerabilidades.

É máis, a "antigüidade e obsolescencia" destes equipos, unida ao feito de que poidan conter datos de carácter persoal, "aconsella que poidan ser adquiridos" ao finalizar a Lexislatura por parte dos seus usuarios.

O "hipotético aforro" que podería lograrse coa entrega dos equipos vellos, engade, verase "contrarrestado ou anulado" polo "notable incremento" da carga de traballo que implica o baleirado individualizado de cada un deses equipos por parte dos servizos técnicos, alega a Cámara galega.

Comentarios
Lo más