A Policía Local inspeccionou 40 autobuses de transporte escolar a pasada semana, con cinco denuncias
A Policía Local realizou a pasada semana (do 3 ao 7 de febreiro) controis no transporte escolar, sumándose a unha nova campaña da Dirección Xeral de Tráfico.
Os/as axentes revisaron o cumprimento dos requisitos obrigatorios relativos ao transporte de menores en idade escolar, como o uso do cinto de seguridade, o acompañamento dunha persoa adulta autorizada ou a documentación actualizada do vehículo.
En total, a Policía Local inspeccionou 40 autobuses, que prestaban o servizo en 15 centros escolares, tanto de Primaria coma de Secundaria. Houbo denuncias de cinco vehículos por seis infraccións: dúas por carecer do sinal acústico de marcha atrás, dúas por non levar o sinal V-10 de transporte escolar e dúas por non levar accesible o extintor.