miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

"Máximos históricos" en peregrinos e viaxeiros a Santiago durante o 2019

"Máximos históricos" en peregrinos e viaxeiros a Santiago durante o 2019
"Máximos históricos" en peregrinos e viaxeiros a Santiago durante o 2019

O pasado ano foi un novo exercicio de cifras record para o Concello de Santiago en materia turística, tras rexistrar "máximos históricos" tanto en pernoctacións coma no número de peregrinos chegados a través do Camiño e dos viaxeiros e pasaxeiros do Aeroporto de Lavacolla. 

Así o confirmaron en rolda de prensa o concelleiro desta área no Goberno local, Gumersindo Guinarte, xunto coa xerente de Turismo de Santiago, Flavia Ramil, na que fixeron balance dos bos resultados alcanzados durante 2019 na capital galega e das "perspectivas positivas" de cara ao presente exercicio.

Un dos datos máis destacados radica en que a cidade logrou a maior cifra de pernoctacións anuais na súa historia, con 1.466.282, un fenómeno que se deu en paralelo ao afloramento de pisos e vivendas de uso turístico, que non están contabilizadas nos datos do INE que serven de base para o balance utilizado polo Goberno local.

É por iso que Guinarte insistiu que as pernoctacións foron, en realidade, aínda "máis elevadas do que reflicten as estatísticas", superando mesmo ás que se conseguiron no Ano Santo de 2010.

O Goberno local atribúe estes resultados á desestacionalización da demanda, posto que os meses con maior incremento foron abril, outubro, decembro e maio, e febreiro, cun aumento do 19, 17, 15 e 11 por cento, respectivamente, respecto ao pasado ano. En contraposición, xuño mantivo as súas cifras e agosto experimentou unha lixeira baixada (2%).

Doutra banda, Lavacolla consolidouse como "o principal aeroporto de Galicia", con máis do 55 por cento da cota de mercado e superando en dous puntos ao ano precedente. As cifras ascenderon a uns 2.903.427 pasaxeiros, superando en 175.000 a 2018 e cun crecemento do 6,5 por cento.

O camiño de Santiago tamén se situou en máximos históricos con case 350.000 peregrinos e un aumento do 6 por cento. Por primeira vez, ademais, superáronse os 200.000 peregrinos internacionais. 
Comentarios
Lo más