A escalinata da Catedral podería estar dispoñible para xullo deste mesmo ano
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e o delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, visitaron este xoves as obras de restauración da escalinata e da cripta da Catedral
As obras permitirán a rehabilitación da gran escalinata de pedra de acceso á Catedral pola fachada do Obradoiro, e da reixa que a completa e pecha pola súa fronte e laterais. O proxecto tamén inclúe a restauración da cripta románica inferior, onde se executarán traballos de pavimentado, carpintería, instalación eléctrica e reapertura do acceso á nave, que actualmente está cegado. Hai outras actuacións puntuais no arranque da fachada, no seu encontro coa terraza de acceso, e na parte inferior da torre sur de época románica, en continuidade coa escaleira que vén da cripta.
A obra esta planeada cun plazo de 16 meses, sen embargo, os responsables das mesmas creen que o avance das actuacións permitirían adiantar a dispoñibilidade da escalinata para o mes de xullo de este ano. Javier Alonso, director das obras, calculou que para esas datas a escalinata podería estar "dispoñible", pero que todavía están estudando o tratamento adecuado para restaurar as verjas da Catedral, pendiente das probas que se verán xunto con técnicos de Patrimonio.
Na visita desta mañá, ademais do alcalde e do delegado do Goberno, participaron tamén, entre outros, a concelleira de Urbanismo, Vivenda, Cidade Histórica e Acción Cultural, Mercedes Rosón; a subdelegada do Goberno na Coruña, Pilar López-Rioboo; o director da Fundación Catedral, Daniel Lorenzo, e o arquitecto director das obras, Javier Alonso.