O Premio Novela Europea vai máis alá de Santiago
Foron anunciados nunhca roda de prensa á que asistiron o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, participaron hoxe na rolda de prensa na que se deron a coñecer os cinco finalistas deste ano: Eric Vuillard, autor de 14 de julio; Paolo Giordano, por Conquista el cielo; Tatiana Tibuleac, autora de El verano que mi madre tuvo los ojos verdes; Luis Landero, co seu libro Lluvia fina, e Pedro Feijoo co libro Un lume azul.
A Xunta de Galicia volve apoiar este ano a campaña de animación á lectura das obras finalistas da XV edición do Premio Novela Europea Casino de Santiago-Camiño de Santiago que impulsa a Asociación Cultural Casino de Santiago coa colaboración das librarías e do comercio compostelán. Ademais da Biblioteca Pública Ánxel Casal, como novidade tamén participarán as outras cinco bibliotecas da xestionadas pola Xunta de Galicia.
Ca campaña buscan a participación tanto no resto de Galicia e España como no exterior, coa colaboración da Rede de Bibliotecas dea Xunta, as librerías de El Corte Inglés y Santos Ochoa, así como entidades de Moscú, Cambridge, París, Vannes e Viseu.