miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O Concello solicita unha subvención para a contratación de persoas en situación ou risco de exclusión social

O Concello solicita unha subvención para a contratación de persoas en situación ou risco de exclusión social
O Concello solicita unha subvención para a contratación de persoas en situación ou risco de exclusión social

Durante a Xunta de Goberno, no ámbito da Concellaría de Políticas sociais, aprobouse a solicitude dunha subvención á Xunta de Galicia, por 373.568,76 euros, para a contratación temporal de persoas en situación ou risco de exclusión social perceptoras da RISGA.

 A devandita cantidade permitiría contratar a 29 traballadores durante nove meses para os seguintes postos: técnico/a administrativo/a (3), administrativo/a (9), auxiliar administrativo/a (7), atención ao público (2), peón/a de obras (4) e peón/a de xardíns (4). Ademais, solicítase outra subvención de 25.000 euros para accións de información, orientación e busca de emprego.

Seguindo con Políticas Sociais, tomouse en coñecemento da concesión pola Consellería de Sanidade da subvención solicitada polo Concello para o cofinanciamento de proxectos de prevención de condutas aditivas. Outorgáronse 173.440 euros, a repartir en catro anualidades (2019-2022). O Concello achegará 97.560 euros. Esta achega destínase ao funcionamento da Unidade Municipal de Prevención de Drogodependencias (UMAD).

Deuse conta igualmente dunha transferencia pola Xunta de 227.670,81 euros para o financiamento da contratación de persoal dos Servizos Sociais do Concello. 

Comentarios
Lo más