miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

A sede electrónica podería estar activa en marzo

A sede electrónica podería estar activa en marzo
A sede electrónica podería estar activa en marzo

O Concello segue dando pasos para a creación da súa sede electrónica. A Xunta de Goberno aprobou a súa posta en marcha (sede.santiagodecompostela.gal), así como a creación do seu correspondente certificado. O alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, estima que a finais de marzo poderá estar operativa esta sede electrónica.

Ademais, deuse o visto bo a unha serie de actuacións administrativas que será posible realizar a través desta sede electrónica: recibos acreditativos da recepción de documentos no rexistro electrónico e da recepción de documentos presentados no rexistro presencial; selado do proceso de dixitalización dos documentos papel presentados no rexistro presencial co obxecto de asegurar a súa interoperabilidade, conservación e lexibilidade; peche dos libros electrónicos do rexistro, emisión da comunicación informativa de información dos prazos do expediente e do senso do silencio administrativo; actos de trámite e administrativos sobre requirimento de corrección ou emenda de defectos; inclusión de copia electrónica auténtica de documentos en papel; proceso de selado de documentos electrónicos co obxecto de facilitar a súa interopaerabilidade, conservación e lexibilidade; índice e foliado electrónico do expediente; comunicacións e notificacións electrónicas coa cidadanía e as empresas; certificados de residencia, convivencia, individual histórico, empadroamento matrimonio, non débeda, parcelas de rústica, cobro dun recibo, entregas a conta SEP, pago SEP; carta de pago; asignación automática do número de Decreto e a súa inclusión no libro de resolucións, asignación automática do número de acta de XGL e a súa inclusión no libro e actas da XGL, asignación automática do número de acta do Pleno e a súa inclusión no libro de actas do Pleno; certificado automático de publicación nos taboleiros electrónicos; dilixencia automática de fin de exposición de publicación nos taboleiros electrónicos; oficio automático de remisión ou notificación electrónica; dilixencia automática de notificación electrónica practicada; dilixencia automática de notificación electrónica rexeitada e acuse de subscrición a aplicación de notificación electrónica. 

Comentarios
Lo más