miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Política Lingüística incrementa en 50.000 euros as axudas ao fomento do galego no ensino

Política Lingüística incrementa en 50.000 euros as axudas ao fomento do galego no ensino
Política Lingüística incrementa en 50.000 euros as axudas ao fomento do galego no ensino

A Consellería de Cultura abriu a convocatoria de axudas para o fomento da lingua galega no ensino, tanto para centros de titularidade privada como para centros de titularidade pública, que verán incrementada en 50.000 euros a contía destinada para este fin.

En total, Política Lingüística dedicará 373.833 euros a apoiar os proxectos de promoción do galego para o curso 2019/2020 dos equipos de dinamización da lingua galega do ensino preuniversitaria, así como os do profesorado responsable da promoción do galego naqueles centros que contan con menos de 6 unidades.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) xa publicou a orde do 27 de decembro de 2019 pola que se anuncia a convocatoria destas axudas para a presentación de proxectos de fomento do uso do galego dos centros de titularidade pública e privada de Galicia que imparten ensinos regulados de niveis non universitarios, para o curso escolar 2019/20. O prazo de presentación de solicitudes está aberto ata o día 2 de marzo de 2020.

Os equipos ou profesorado responsable da dinamización da lingua galega nos centros educativos que desexen optar a estas axudas deberán presentar un proxecto e actuación de cuxa valoración dependerá fundamentalmente a contía que obterán para desenvolvelo, aínda que tamén se terá en conta o número de alumnado con que conte o colexio ou instituto.

A cantidade máxima que poderá percibir un centro será de 800 euros no caso dun colexio privado e de 1.000 no caso dun centro público, 200 máis que o curso pasado.

Comentarios
Lo más