Detidos en Ribeira dous individuos que trataban de roubar nun establecemente hostaleiro
17:00 03/02/20
17:00 03/02/20
Os individuos foron pillados in fraganti pola policía local
A Policía Local de Ribeira informou de que na pasada madrugada foron detidos dous individuos mentres trataban de roubar nun establecemento hostaleiro situado no barrio do Monumento en Santa Uxía.
Os feitos producíronse en torno ás dúas da mañá, cando axentes riveirenses colleron in fraganti aos suxeitos mentres practicaban presuntamente o robo con forza. Para a captura resultou decisiva a colaboración veciñal que alertou sobre os feitos.
Os detidos quedaron na comisaría á espera de ser postos a disposición xudicial.