miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O transporte metropolitano en Santiago conta con un 5.19% máis de usuarios

O transporte metropolitano en Santiago conta con un 5.19% máis de usuarios
O transporte metropolitano en Santiago conta con un 5.19% máis de usuarios

O Plan de transporte metropolitano de Galicia permitiu bonificar no ano 2019 3,05 millóns de viaxes na área de Santiago e rexistra

un 5.19% máis de usuarios que no ano anterior

O transporte metropolitano nesta área segue así a sumar usuarios e acada no ano 201965.421 tarxetas TMG en vigor.

En canto aos núcleos de poboación que rexistran máis dispositivos con viaxes bonificadas, o Concello de Santiago sitúase en primeiro lugar con 30.579 tarxetas de transporte metropolitano, seguido de Ames, con de 18.740 , e Teo, con 3.782. Os concello de Oroso, Brión e A Estrada, con 2.483, 2.254 e 1.323 dispositivos, respectivamente, seguen a senda de crecemento de usuarios beneficiados polas viaxes bonificadas.

Tarxeta Xente Nova

No marco deste balance cabe salientar as 419.859 viaxes en autobús realizadas polos usuarios das 9.884 tarxetas Xente Nova activas, que permitiron aos menores de 19 anos viaxar de xeito gratuíto nos autobuses metropolitanos.

Os mozos que máis viaxes gratuítas realizaron coa tarxeta Xente Nova proceden dos municipios de Ames, con 2.984 dispositivos e Santiago, con 2.655, aos que lle seguen os rapaces de Teo, Brión e Oroso con 1.119, 512 e 465 respectivamente.

A Xunta ampliou este mes ata os 21 anos o límite de idade dos beneficiarios da gratuidade do autobús interurbano, que se estenderá a toda a comunidade para fomentar o uso do transporte público e axudar á economía das familias.

Plan social de transporte

O Plan de Transporte Metropolitano é un programa social impulsado pola Xunta que persegue fomentar o uso do transporte publico colectivo ao tempo que axuda, de xeito importante, á economía das familias.

Este plan, que mediante o uso da Tarxeta de Transporte Metropolitano permite importantes descontos, achegando a Xunta de Galicia o 80% do financiamento desas bonificacións no prezo do billete e o conxunto dos concellos o 20% restante.

Bonificacións e incentivos

Cos novos contratos do Plan de Transporte Metropolitano de Galicia as vantaxes do transporte metropolitano se estenderá a toda a provincia, con descontos medios do 50% nas viaxes ou bonificacións adicionais do 15% para usuarios recorrentes e aínda máis se se trata de familias numerosas.

A Xunta, a través do novo plan, activa tamén nos novos contratos bonos mensuais de 50 viaxes e que supoñen rebaixas de ata o 50% no prezo do billete. Neste sentido, existe, polo tanto, un amplo abano de descontos e bonificacións no transporte público.

Comentarios
Lo más