jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

Convocados 3 intercambios xuvenís a Italia, Xeorxia e Xapón

Convocados 3 intercambios xuvenís a Italia, Xeorxia e Xapón
Convocados 3 intercambios xuvenís a Italia, Xeorxia e Xapón

Os intercambios terán unha semana de duración e haberá 20 prazas en cada un dos tres intercambios

A Consellería de Política Social abre este mércores e ata o sábado dia 10 de febreiro o prazo de inscrición para que mozas e mozos galegos podan participar nos intercambios xuvenís no marco do programa “A Xuventude no mundo” ao abeiro das relacións bilaterais que a Xunta de Galicia mantén con entidades doutros países.

O obxectivo deste programa é facilitar que os mozos e mozas galegos residentes en Galicia con idades comprendidas entre os 18 e 30 anos de idade, coñezan outras culturas e linguas ao tempo que adquiren habilidades e competencias non formais que faciliten o seu desenvolvemento persoal.

Este ano o programa convoca intercambios a 3 países: Italia, Xeorxia e Xapón.

Os intercambios terán unha semana de duración e haberá 20 prazas en cada un dos tres intercambios. Os solicitantes poderán inscribirse nos tres intercambios debendo indicar a orde de preferencia de participación.

A admisión será por rigoroso orde de inscrición, ata cubrir a totalidade de prazas convocadas para o intercambio. Ás persoas seleccionadas seralles facilitado, posteriormente, o nome do coordinador que acompañará ao grupo, así como o lugar de encontro no lugar de realización do intercambio.

As persoas interesadas deberán presentar un formulario electrónico cumprimentado dentro do prazo establecido.  Poderán obter máis información no teléfono 981545702 ou no correo electrónico galeuropa@xunta.gal

Comentarios
Lo más