Baixas presións en Compostela
08:00 01/02/20
08:00 01/02/20
En Compostela a temperatura mínima acadará os 12ºC e a máxima os 14ºC
O sábado Galicia estará nunha situación intermedia entre altas e baixas presións.
Así, os ceos estarán parcialmente cubertos con precipitacións febles, máis persistentes na franxa atlántica.
Co avance do día teremos apertura de claros no leste das provincias de Lugo e Ourense.
As temperaturas non experimentarán cambios significativos. En Compostela a temperatura mínima acadará os 12ºC e a máxima os 14ºC.
O vento soprará de compoñente sur, sendo forte no litoral cara á noite.