Liberan ao condutor dun vehículo sen carné despois de bater contra outro coche en Maceda
O accidente tivo lugar no punto quilométrico 20 da OU-536, ao fío das 19:35 horas
Un home, que circulaba nun coche que se manexa sen ser necesario o permiso de conducir, resultou ferido a pasada tarde despois de bater contra outro vehículo en Maceda.
Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, foi necesario liberar ao varón, que quedou atrapado no interior do coche sen carné, para que fose atendido polos servizos sanitarios. Unha vez fóra do vehículo, o home foi trasladado ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.
O accidente tivo lugar no punto quilométrico 20 da OU-536, ao fío das 19:35 horas. Nese momento, os membros de Protección Civil de Maceda alertaban ao 112 Galicia do ocorrido.
Acto seguido, desde o CIAE 112 Galicia púxose a situación en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, do GES do Pereiro de Aguiar, dos Bombeiros de San Cibrao das Viñas e da Garda Civil de Tráfico.