miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Morre un operario ao recibir un golpe dunha árbore en Cabanas

Morre un operario ao recibir un golpe dunha árbore en Cabanas
Morre un operario ao recibir un golpe dunha árbore en Cabanas

Atopábase traballando nunha zona de monte, no Lugar de Porcar, en Cabanas

Un operario faleceu onte mediodía ao recibir un golpe coa póla dunha árbore.

Atopábase traballando nunha zona de monte, no Lugar de Porcar, en Cabanas.

Foi un compañeiro quen alertou mediante a súa chamada ao 112 Galicia. Indicaba que a vítima recibiu un golpe na cabeza cunha póla e necesitaba asistencia médica urxente. Deste xeito, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia solicitou a intervención dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que nada puideron facer por salvar a vida do traballador. 

Tamén foron avisados os Bombeiros do Eume e os axentes da Policía Local e a Garda Civil co fin de coñecer todos os detalles do accidente.

Comentarios
Lo más