miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Margarita Ruíz e Manuel Martín entran na xunta de goberno do Colexio de Avogados de Santiago

Margarita Ruíz e Manuel Martín entran na xunta de goberno do Colexio de Avogados de Santiago
Margarita Ruíz e Manuel Martín entran na xunta de goberno do Colexio de Avogados de Santiago

A xunta xeral ordinaria da institución aprobou por maioría a conta xeral de gastos e ingresos do ano 2019

O Colexio de Avogados de Santiago celebrou o mércores pola noite unha xunta xeral ordinaria, durante a que a xunta de goberno fixo un repaso do ano 2019 e que serviu tamén para que tomarán posesión dos seus cargos Margarita Ruíz Núñez e Manuel Martín García.

Despois do proceso electoral de decembro, continúan nos seus cargos Ramón Quintela Miramontes como deputado segundo, Timoteo Gutiérrez Valerio como deputado quinto e Javier Constenla Vega como tesoureiro, mentras que entran na xunta de goberno Margarita Ruíz Núñez (deputada terceira) e Manuel Martín García (secretario).

Estas dúas incorporacións veñen a substituír a César Rúa e Carlos García Cumplido, que onte pola noite deixaron a xunta de goberno da institución colexial despois de moitos anos de dedicación.

“Só podemos ter palabras de agradecemento para Carlos e César, dúas persoas que traballaron moito polo ben do colexio e da profesión, deixan un legado enorme e unha fonda pegada en todos os que traballamos con eles”, asegurou o decano do colexio, Francisco Rabuñal. “Tanto Margarita Ruíz como Manuel Martín son dous profesionais de recoñecido prestixio que farán unha gran labor no colexio”, engadiu.

Durante a xunta xeral aprobouse por maioría a conta xeral de gastos e ingresos do ano 2019 e Rabuñal repasou ous principais acontecementos do ano 2019, no que destacaron os actos conmemorativos do 175 aniversario do colexio.

Comentarios
Lo más