miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

A oposición compostelá recibiu esta semana á FANPA da cidade

A oposición compostelá recibiu esta semana á FANPA da cidade
A oposición compostelá recibiu esta semana á FANPA da cidade

As ANPAS solicitan unha maior implicación das institucións na comunidade educativa, e lamentan que nin o Partido Popular nin o PSOE respostaran á proposta de xuntanza

Os días 27 e 28 de xaneiro, a Federación de ANPAS Compostela mantivo sendas reunións no Pazo de Raxoi: con Branca Novoneyra de Compostela Aberta e con Goretti Sanmartín e Navia Rivas do BNG.

As partidos da oposición escoitaron con atención os asuntos que preocupan especialmente á comunidade educativa da área de Compostela, comezando pola necesidade de cambiar a visión dos comedores escolares para ir máis aló da nutrición e a conciliación para falarmos de educación en igualdade, de aprendizaxe cultural, de aprezo pola nosa propia realidade.

As actividades de conciliación foi outro dos puntos fortes, xa que as familias precisan contar con opcións de conciliación de Nadal, Entroido, Semana Santa e verán xa desde o comezo do curso escolar, e esto non se conseguirá mentres o Concello de Santiago non desenvolva estas actuacións de xeito coordinado e constante que permita unificar os aspectos burocráticos e coñecer a demanda real deste servizo.

Cabe salientar que en ámbalas dúas reunións tamén se mencionou a gravidade de que se esté a incumprir a obriga legal de convocar ao Consello Escolar Municipal, algo que sucede xa desde hai dúas lexislaturas. Outro dos asuntos que se trataron foi a urxente necesidade de que os centros educativos teñan preferencia á hora de utilizar, como complemento á súa oferta formativa, os espazos municipais coma o Auditorio de Galicia ou o Teatro Principal.

Desde FANPA Compostela seguen a agardar que tanto o Partido Popular coma o PSOE fagan un oco nas súas axendas para recibir á representación de varios miles de familias compostelás. 

Comentarios
Lo más