Tres persoas feridas nunha saída de vía no Bolo
Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, aínda que se descartou o emprego do material de excarceración para liberar ás persoas feridas
Tres persoas resultaron feridas esta mañá no Bolo ao saírse da vía o coche no que circulaban. Sucedeu no lugar de Lentellais, ao fío das 10:25 horas.
Nese momento, os axentes da Garda Civil contactaban co 112 Galicia para dar conta do ocorrido.
Decontado, os xestores do CIAE 112 Galicia puxeron a situación en coñecemento dos Bombeiros e do GES de Valdeorras, de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Bolo.
Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, aínda que se descartou o emprego do material de excarceración para liberar ás persoas feridas, os servizos de emerxencia utilizaron unha padiola para levalas ata a ambulancia desprazada.