Unha muller trasladada por mor dun incendio nunha vivenda en Redondela
Os feitos sucederon no lugar de Millarada, na parroquia de Negros, ao fío das 2:10 horas
Un incendio declarado a pasada noite nunha casa no termo municipal pontevedrés de Redondela saldouse cunha muller trasladada por precaución ao hospital Álvaro Cunqueiro e diversos danos materiais. Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, o lume orixinouse nunha caldeira e o fume procedente do incendio afectou á vivenda por completo.
Os feitos sucederon no lugar de Millarada, na parroquia de Negros, ao fío das 2:10 horas. Nese momento, unha persoa particular contactaba co 112 Galicia para dar conta do lume.
A partir de aí, desde o CIAE 112 Galicia solicitouse a intervención dos Bombeiros de Porriño, de Protección Civil, de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e da Policía Local. Ademais, desde o 112 Galicia informouse do ocorrido aos Bombeiros de Vigo.