miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O aumento do caudal dos ríos provoca anegamentos puntuais en Valga, Caldas de Reis e Cuntis

O aumento do caudal dos ríos provoca anegamentos puntuais en Valga, Caldas de Reis e Cuntis
O aumento do caudal dos ríos provoca anegamentos puntuais en Valga, Caldas de Reis e Cuntis

A Xunta de Galicia mantén activo o Plan Especial por Risco de Inundacións (Inungal) en todas as bacías da Demarcación Galicia-Costa

As actuacións dos servizos locais de Protección Civil serviron para facer fronte ás inundacións que, nalgúns puntos, dificultaron a circulación.

Foi o caso da N-640, ao paso por Caldas de Reis, que sufriu as consecuencias da chea do caudal do Río Follente e iso complicou o paso de vehículos pola zona. Tras o aviso dos voluntarios de Protección Civil, o persoal do 112 Galicia informou da situación aos axentes da Garda Civil de Tráfico e aos equipos de limpeza e mantemento de Fomento para adoptar as medidas de sinalización e seguridade necesarias e restablecer canto antes as condicións para a circulación.

Ademais, tal e como comunicaron ao 112 Galicia, os servizos locais de Protección Civil de Valga actuaron en diferentes puntos do municipio para mitigar os efectos do suba do caudal dos ríos Louro e Valga. Esta situación ocasionou o anegamento e mesmo o corte da circulación dalgunhas estradas de carácter local. Concretamente, os lugares que se viron afectados no concello de Valga foron Baño, Fondón e O Forno.

Tamén, en Outes, unha casa resultou asolagada na Travesía do Conchido e un desprendemento de terra e pedras afectou á DP-6201. Igualmente, rexistráronse varios incidentes en Boiro debido á caída de árbores, aos desprendementos de terra e pedras e á formación de bolsas de auga en Praia Xardín e Abanqueiro; e, en Cuntis, os servizos municipais necesitaron cortar un tramo da PO-220 ante a cantidade de auga acumulada na vía.

A Xunta de Galicia mantén activo o Plan Especial por Risco de Inundacións (Inungal) en todas as bacías da Demarcación Galicia-Costa.

Comentarios
Lo más