Rodrigo VIla e Martín Castro ofreceron un concerto a dúo no conservatorio de Ribeira
11:39 29/01/20
11:39 29/01/20
Rodrigo Vila recalou en Ribeira despois dunha intensa semana de masterclass en Boston (USA)
O profesor da Aula Galega de Saxofón Rodrigo Vila e o ex alumno Martín Castro protagonizaron o pasado venres un concerto a dúo no Conservatorio de Ribeira ‘Enrique Paisal” no marco desta iniciativa que reúne unha vez ao mes no noso municipio a alumnos e alumnas procedentes de centros formativos de toda a xeografía autonómica para perfeccionarse no uso deste instrumento de vento.
Rodrigo Vila recalou en Ribeira despois dunha intensa semana de masterclass en Boston (USA), e Martín Castro, ex alumno do Conservatorio de Ribeira e da Aula Galega de Saxofón, de Viena.
Entre os asistentes figurou a concelleira de Educación de Ribeira, Juana Brión.