miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Dúas persoas feridas ao rematar encaixado o coche no que circulaban baixo un camión en Cualedro

Dúas persoas feridas ao rematar encaixado o coche no que circulaban baixo un camión en Cualedro
Dúas persoas feridas ao rematar encaixado o coche no que circulaban baixo un camión en Cualedro

O accidente ocorreu na N-525, concretamente no punto quilométrico 181, ao fío das 8:20 horas

Dúas persoas resultaron feridas a primeira hora desta mañá en Cualedro ao rematar encaixado nos baixos dun camión o coche no que circulaban. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, as dúas vítimas tiveron que ser excarceradas polos Bombeiros de Verín, para que fosen atendidas polos servizos sanitarios. Unha vez liberadas, as dúas persoas feridas foron trasladadas a un centro hospitalario.

O accidente ocorreu na N-525, concretamente no punto quilométrico 181, ao fío das 8:20 horas. Nese momento, o propio condutor do camión alertaba do ocorrido ao 112 Galicia.

Nada máis recibir o aviso, desde o CIAE 112 Galicia púxose a situación en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos membros do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento de Verín, da Garda Civil de Tráfico e de Protección Civil.

Comentarios
Lo más