miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Ribeira instala novo mobiliario na rúa Rosalía de Castro

Ribeira instala novo mobiliario na rúa Rosalía de Castro
Ribeira instala novo mobiliario na rúa Rosalía de Castro

Así, no transcurso de onte colocáronse no tramo obxecto da actuación (entre a praza do Concello e a rúa Marcial del Adalid) seis grandes xardineiras, tres bancos e seis cadeiras de madeira tratada

A céntrica e recentemente remodelada rúa Rosalía de Castro foi escenario da instalación de mobiliario urbana acorde coa nova condición deste vial en que grazas ás obras de instalación plataforma única se inverteu a orde xerárquica, priorizando o peón antes que o tráfico rodado.

Así, no transcurso de onte colocáronse no tramo obxecto da actuación (entre a praza do Concello e a rúa Marcial del Adalid) seis grandes xardineiras, tres bancos e seis cadeiras de madeira tratada, ademais de tres papeleiras, co obxectivo de facer máis agradable o tránsito por unha das rúas cun maior carácter comercial da cidade.

Falta a sinalización do pintado horizontal que será acometido en breve.

Comentarios
Lo más