Luns gris e chuvioso en Compostela
08:00 27/01/20
08:00 27/01/20
As temperaturas oscilan entre os 8 e os 13 graos
Unha fronte atravesará Galicia durante este día. Así, agárdase unha xornada de ceos anubrados con chuvias máis intensas durante a tarde, especialmente na metade oeste de Galicia. As temperaturas ascenderán, especialmente as mínimas. Os ventos soprarán do suroeste, fortes no litoral e zonas altas e moderados no resto.
En Compostela esperase un luns gris con ceos anubrados e chuvias de distinta intensidade ao longo de todo o día. As temperaturas serán normais para esta época do ano, con mínimas sen cambios e máximas en ascenso lixeiro, a pesar de que oscilarán. No referido ó estado da calidade do aire, manterase bo en xeral.