miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

CA insta ao Goberno a proxectar unha nova piscina municipal na zona de Santa Marta

CA insta ao Goberno a proxectar unha nova piscina municipal na zona de Santa Marta
CA insta ao Goberno a proxectar unha nova piscina municipal na zona de Santa Marta

CA pide que se cree unha comisión de traballo que defina os usos e características da nova infraestrutura

O concelleiro Jorge Duarte presentou a moción que Compostela Aberta levará ao Pleno da próxima semana para instar ao Goberno a planificar a construción dunha nova piscina municipal cuberta en Santa Marta, nunha parcela que xa está reservada no planeamento para equipamentos deportivos. O edil explicou que “esta instalación viría dar resposta á saturación das piscinas de Santa Isabel e Fontes do Sar, que suman máis de 300.000 usos anuais”.

Compostela Aberta insta ao Goberno a elaborar unha planificación plurianual, “para que a nova piscina poida ser unha realidade ao longo deste mandato”. Na moción, pídese a creación dunha comisión de traballo municipal, na que estean representados todos os grupos da Corporación, así como os clubes deportivos de Santiago relacionados coa disciplina da natación. 

Ese órgano, apuntou Jorge Duarte, sería o encargado de “definir as necesidades específicas da nova instalación, que debería estar destinada a clubs de natación, waterpolo e triatlón e aberta a demandas de novas persoas usuarias; e que tamén se podería especializar en cuestións como o uso escolar, ou o uso terapéutico para maiores, bebés ou mulleres embarazadas”.

Na moción, o grupo municipal de Compostela Aberta tamén istar á Xunta de Galicia e á Deputación da Coruña a colaborar co Concello na construción e financiamento desta nova infraestrutura deportiva, que sería  integrada na rede de piscinas públicas conxuntamente coa de Santa Isabel e a do Multiusos.


Comentarios
Lo más