miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O concurso de escaparatismo de Nadal de Ribeira recibiu un total de 1.569 votos

O concurso de escaparatismo de Nadal de Ribeira recibiu un total de 1.569 votos
O concurso de escaparatismo de Nadal de Ribeira recibiu un total de 1.569 votos

En próximas datas revelarase a identidade do negocio gañador e entragarase in situ un obsequio co que distinguir

O Concurso de Escaparatismo do Comercio e Decoración Hostaleira de Nadal que coorganizaron a Asociación de Empresarios e o Concello de Ribeira aglutinaron un total de 1.569 votos, de acordo co escrutinio levado a cabo no Centro Cultural Lustres Rivas por representantes de ambas entidades.

En próximas datas revelarase a identidade do negocio gañador e entragarase in situ un obsequio co que distinguir que fose o preferido polos veciños e visitantes que se animaron a participar neste certame.

VALE DE 100 EUROS

De igual xeito, durante o escrutinio se dou a coñecer tamén o número do vale agraciado con 100 euros a consumir no comercio local. Este número foi o 0651. Para poder recibilo, a persoa gañadora debe achegarse antes do martes 10 de febreiro á sede da Asociación de Empresarios e presentar o boleto co número premiado, en horario de luns a xoves de 9:00 a 14:00 horas e de 16:30 a 19:30 horas e o venres en horario continuado de 9:00 a 15:00 horas.

Comentarios
Lo más