miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Ocio para os mozos de Ames grazas ao programa Trouleando

Ocio para os mozos de Ames grazas ao programa Trouleando
Ocio para os mozos de Ames grazas ao programa Trouleando

Dende a Concellería de Mocidade van desenvolver un programa de ocio para a xente moza mediante actividades lúdicas, deportivas e culturais, que se desenvolverán durante as tardes - noites dalgún dos fin de semana da segunda quincena de cada un dos meses deste ano

O salón de plenos da Casa do Concello acolleu o martes a presentación dunha nova iniciativa promovida pola Concellaría de Mocidade. Trátase do programa Trouleando (Findes para a mocidade), a través do cal se organizarán diferentes actividades lúdicas, deportivas e culturais, durante as tardes - noites do fin de semana. Estas actividades en principio vanse a desenvolver nalgún dos fin de semana da última quincena de cada mes do ano. Dita iniciativa comeza cuns obradoiros de danza urbana, que se desenvolverán o vindeiro venres, 31 de xaneiro, entre as 19:30 e as 21:00 horas, na praza da Maía, en Bertamiráns.

Dende a Concellería de Mocidade van desenvolver un programa de ocio para a xente moza mediante actividades lúdicas, deportivas e culturais, que se desenvolverán durante as tardes - noites dalgún dos fin de semana da segunda quincena de cada un dos meses deste ano. A programación destas actividades podería sufrir algunha variación dependendo da climatoloxía ou doutras circunstancias, pero en principio serán a segunda quincena de cada mes.

A concelleira de Mocidade, Escarlata Pampín, foi a encargada de facer a presentación do programa Trouleando. Escarlata explicou que “a idea é crear un ocio alternativo para os mozos e mozas do concello e que todos os meses se poida realizar unha actividade de deportes de aventuras, encontros, actividades relacionadas co mundo audiovisual, saídas, obradoiros de cociña creativa ou relacionados coas artes gráficas e escénicas, etc. Alternaranse os espazos onde se desenvolvan ditas actividades”.

O programa Trouleando (Findes para a mocidade) ofrece una alternativa de ocio participativo e igualitario para a mocidade de todas as idades e para todos os gustos e intereses. Dentro do programa teñen cabida actividades de deporte aventura, saídas, diferentes encontros, actividades audiovisuais, danza urbana... e moitas outras actividades. Para ir coñecendo a programación de dito programa poderanse consultar as redes sociais da OMIX (Instagram e Facebook).

CREACIÓN DE DOUS PARQUES DE CALISTENIA

As actividades desenvolveranse nas instalacións municipais e prazas públicas de Bertamiráns e do Milladoiro, así como no anfiteatro do Milladoiro, que se está executando, e no anfiteatro de Lapido que se construirá este ano. Ademais, neste acto aproveitouse para adiantar que dende a Concellaría de Mocidade están traballando para crear dous parque de calistenia nas inmediacións de ditos anfiteatros.

A maioría das actividades son de balde. Haberá algunhas nas que haberá que inscribirse previamente, pero anunciarase con suficiente antelación para que os interesados poidas apuntarse. A maior parte das actividades estarán dirixidas a mozos e mozas de 14 anos en diante. Na páxina web municipal tamén se irá dando conta das actividades que se realizarán a última quincena de cada mes.

OBRADOIROS DE DANZA URBANA

A primeira actividade do programa consiste nuns obradoiros de danza urbana, que se desenvolverán o vindeiro venres, 31 de xaneiro, entre as 19:30 e as 21:00 horas, na praza da Maía, en Bertamiráns. En caso de condicións meteorolóxicas adversas esta actividade trasladarase ao anexo da Casa da Cultura de Bertamiráns.

Nesta actividade desenvolverase tanto un obradoiro de improvisación e experimentación da danza urbana, onde de maneira creativa se xogará con movementos e pautas básicas da danza, para ir introducíndose nela, como un obradoiro coreográfico. Ata alí poderán achegarse todos os mozos e mozas que queiran practicar este baile e introducirse no mundo da danza urbana.

A técnica da Oficina Municipal de Información Xuvenil, Pili Villaverde, destacou na presentación que “a idea é publicar un programa de actividades dirixido á mocidade para que saiban que, como mínimo unha vez ao mes, van a ter en Ames unha actividade dirixida a eles/elas. Ao mesmo tempo é unha forma de implicar á mocidade para que participe nesta iniciativa que albergará actividades de distintos estilos. Este programa vaise a promocionar nos dous institutos do concello para tratar de acostumar aos mozos e mozas a participar na programación do concello”.

Comentarios
Lo más