Precipítase un coche pola muralla do parador de Baiona
09:54 23/01/20
09:54 23/01/20
Os feitos sucederon ao fío das 15:50 horas de onte
Dúas persoas resultaron feridas esta tarde despois de que o turismo no que circulaban caese desde a muralla do parador de Baiona cara o paseo da praia. Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, as dúas persoas que viaxaban no coche foron trasladadas ao Hospital Álvaro Cunqueiro.
Os feitos sucederon ao fío das 15:50 horas de onte. Nese momento, unha persoa particular contactou co 112 Galicia para dar conta do ocorrido.
Acto seguido, o persoal do CIAE 112 Galicia puxo a situación en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Policía Local, do GES do Val Miñor e da Policía Local.