Preocupación pola pasarela que une o CEIP Fontiñas entre infantil e primaria
Os Populares tamén solicitan explicacións ao Goberno que dirixe Sánchez Bugallo sobre as previsións que manexa o seu equipo para facer compatibles os usos escolares puntuais cos usos xerais da veciñanza de tránsito e de estancia nesazona
O Grupo Municipal Popular preguntará no vindeiro Pleno ordinario deste mes de xaneiro ao Goberno de Sánchez Bugallo sobre a actual situación da parcela pública que serve de conexión entre as rúas Roma e Luxemburgo, lugar por onde discorre a pasarela de conexión entre os centros educativos de infantil e primaria das Fontiñas.
Os Populares tamén solicitan explicacións ao Goberno que dirixe Sánchez Bugallo sobre que previsións manexa o seu equipo para facer compatibles os usos escolares puntuais cos usos xerais da veciñanza de tránsito e de estancia nesa área.
A pasarela de unión, que discorre por unha zona de titularidade pública pertencente ao Concello de Santiago e que conecta as rúas Luxemburgo e Roma, construíuse entre os edificios de Infantil e Primaria do Colexio das Fontiñas para atender por fin a unha vella demanda da comunidade educativa, que buscaba evitar que os nenos e nenas se mollaran ao acceder ao comedor escolar, que se sitúa no centro de Primaria.
Segundo a memoria do proxecto executado “a presente actuación xera valor nun espazo que usualmente serve só de paso puntual para os veciños. Por unha parte instálase unha zona cuxo uso durante a xornada lectiva estea a disposición do CEIP, ao acoutalo. Por outra parte os veciños disporán fóra da xornada lectiva dun espazo urbano que amplía as súas posibilidades ao pasar de ser zona de paso a unha futurible área deestancia”.
Neste momento e despois de case catro meses da posta en servizo da pasarela, a veciñanza da zona ten mostrado a súa sorpresa e as súas queixas pola situación deste espazo público, posto que, ao parecer, de maneira permanente esta zona atópase pechada impedindo, non xa o seu uso como lugar de estancia para o conxunto da veciñanza, senón a que viña sendo a súa función habitual de conexión entre as citadas rúas de Luxembugo e Roma.