miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O BNG exixe que Feijóo reclame por vía xudicial a débeda do Goberno Central con Galicia

O BNG exixe que Feijóo reclame por vía xudicial a débeda do Goberno Central con Galicia
O BNG exixe que Feijóo reclame por vía xudicial a débeda do Goberno Central con Galicia

Rodil lembra que en setembro de 2019, o BNG defendeu no Parlamento galego recorrer á vía xudicial para reclamar do Estado a débeda con Galicia

A viceportavoz do grupo parlamentario do BNG, Olalla Rodil afirma que “se Feixóo quere defender os intereses de Galicia debe deixar de chorimicar e reclamar por vía xudial o que o Estado non quere pagar”. Levamos meses reclamando desde o BNG que a Xunta active a vía xudicial pero Feijóo négase porque, no fondo, supedita os intereses de Galicia á estratexia política do PP en Madrid facéndolle perder tempo e cartos as galegas e aos galegos.

Rodil lembra que en setembro de 2019, o BNG defendeu no Parlamento galego recorrer á vía xudicial para reclamar do Estado a débeda con Galicia e o Partido Popular votou en contra da iniciativa nacionalista impedindo que prosperara.

“Galicia precisa un Goberno que faga algo máis que queixarse e mandar cartas”, recalca Rodil. Para a viceportavoz nacionalista, o debate de fondo é quen ten a chave dos cartos e quen decide sobre os impostos que pagamos todos os e as galegas e galegos.

Ao seu xuízo, esta situación pon en evidencia “un modelo de financiamento inxusto e insuficiente para Galicia que é preciso mudar”.

Comentarios
Lo más